20. FILO LORICIFERA PDF

Title 20. FILO LORICIFERA
Course Zoologia I
Institution Universidade de Santiago de Compostela
Pages 3
File Size 272.2 KB
File Type PDF
Total Downloads 82
Total Views 150

Summary

Download 20. FILO LORICIFERA PDF


Description

FILO LORICIFERA CARACTERÍSTICAS -

Hai unhas 100 especies coñecidas

-

Habitan ecosistemas intersticiais mariños

-

Non se observaron especímenes vivos

-

Presentan lóriga e escálida

-

Algunhas especies viven en condicións de anaerobiosis

-

Dioicos, con diferenciación sexual. Larva de Higgins

DESCUBRIMENTOS Descrición orixinal do filo basada en Nanoloricus mysticus realizada por Reinhardt Kristensen en 1983. Todos os coñecementos que se teñen sobre esta grupo básanse nas descricións desta especie Choque osmótico: a maioría dos especímenes recóllense somerxendo mostras de substrato en auga doce, expoñéndoa a un medio moi hipotónico que provoca que os especímenes se solten so substrato

FILOXÉNIA Algúns zoólogos propoñen a unión de varios grupos de asquelmintos en cicloneuralia

MORFOLOXÍA Non teñen órganos circulatorios nin para o intercambio de gases. O sistema nervioso está composto por ganglios interconectados O sistema excretor está composto por un par de protonefridios nas gónadas Presentan lóriga protectora e escálidas O seu corpo podémolo diferenciar en cabeza, tórax e abdome

TEMA 20 FILO LORICIFERA 1

NUTRICIÓN Os detalles da súa dieta son descoñecidos. Pénsase que se alimentan succionando fluídos onde existen bacterias, que logo filtran e dixiren Os estiletes orais serven de tubos para succionar os fluídos

HÁBITAT E ESTILO DE VIDA A maioría encontráronse en fondos mariños de sedimentos grosos ou fangosos, entre 300 e 400 metros de profundidade. Recentemente atopáronse especies a elevada profundidade no océano Atlántico, que habitan en condicións permanetes de anaerobia; polo que sería o primeiro caso de metazoos anaeróbios permanentes Os detalles do seu estilo de vida descoñécese por completo, posto que non se observaron especímenes con vida

REPRODUCIÓN Son dióicos, con dimorfismo sexual

TEMA 20 FILO LORICIFERA 2

Larva de Higgins É unha pequena versión pequena do adulto individuo adulto. Diferencias: -

Par de apéndices caudais con función natatoria

-

Presenta escálidas pouco desenvolvidas

-

Non pode retraerse dentro da lóriga

-

Número diferente de placas na lóriga

CARACTERÍSTICAS COMÚNS CON KINORHYNCHA -

Son animais bilaterias, triblásticos e pseudocelomados

-

Ambos grupos habitan ambientes intersticiais e lodosos de fondo mariños

-

Presenza de cutícula e crecemento suxeito a mudas periódicas

-

Presenza de escálidas

-

Cabeza retraible

TEMA 20 FILO LORICIFERA 3...


Similar Free PDFs