A fiestra valdeira (1927) PDF

Title A fiestra valdeira (1927)
Author Lois Álvarez
Course Literatura Galega
Institution Universidade de Santiago de Compostela
Pages 1
File Size 98.4 KB
File Type PDF
Total Downloads 34
Total Views 228

Summary

A fiestra valdeira (1927) ...


Description

A fiestra valdeira (1927), Rafael Dieste

1) Personaxes

           

Don Miguel Doña Balbina (muller de don Miguel) Adelaida (filla de don Miguel e dona Balbina) O señor Baldomero Nogueira (estudante) Antonio (pintor mozo) Matapitos (neno) Caramañolas (mariñeiro) O Garreante (mariñeiro) Dourado (mariñeiro) O Vello Anónimo (mariñeiro) O Mozo Anónimo (mariñeiro)

2) Primeiro lance

     

Acoutación: descrición de don Miguel, de parte da súa casa e das vistas que hai desde a fiestra, así coma do cadro no que el se atopa mirando cara ao mar desde esa fiestra. Conversa entre don Miguel e o señor Baldomero sobre a súa xuventude e o seu presente. Entra o Matapitos de parte do Caramañolas, que vai partir, para preguntarlle a don Miguel se lle quere encargar algo. Entran Antonio e Nogueira, dubidando sobre a orixe do termo urco e despois comentan o cadro, do que din que enche a casa. Adelaida non parece apreciar o cadro nin os vellos amigos do seu pai. Dona Balbina e Adelaida pídenlle a don Miguel que quite a fiestra desde a que se ve o peirao no cadro, que lembra as súas orixes humildes, e a cambie por unha paisaxe máis fidalga. Don Miguel oféndese.

3) Segundo lance

   

Dona Balbina e don Miguel discuten porque o pintor non quixo cambiar o cadro. Dourado rexéitalle un traxe a don Miguel, que llo dá despois a Matapitos que tampouco o acepta. Antonio explícalle a don Miguel que cambiar o cadro é coma cambialo a el mesmo e volvelo quen non é. Chegan os mariñeiros e explícanlle a don Miguel que non están de acordo con cambiar o cadro e que, ademais, xa non é el o que está pintado nel. Así, o Garreante quítalle ao cadro o anaco no que se ve o mar pola fiestra.

4) Terceiro lance

  

Don Miguel pretende recuperar o anaco do cadro ofrecéndolles aos mariñeiros unha lancha. Nogueira advírtelle que poden sentir que os quere mercar. Entra Adelaida e coméntalle o estado do mar ao pai. Os mariñeiros devólvenlle o anaco de lenzo, pero non lle aceptan nada a cambio....


Similar Free PDFs