Apuntamentos Tema 3 Lingua Galega 1 - Cilha PDF

Title Apuntamentos Tema 3 Lingua Galega 1 - Cilha
Course Lingua Galega 1
Institution Universidade da Coruña
Pages 7
File Size 115.5 KB
File Type PDF
Total Downloads 81
Total Views 284

Summary

Tema 3.Lingua estándar, padrón ou norma: variedade consagrada historicamente pola sociedade e actualizado polos sectores socioculturais mais elevados dun territorio.Funcións:A lingua estándar contribúe a manter e fortalecer a unidade do idioma, orientando e harmonizando os comportamentos lingüístico...


Description

Tema 3. Lingua estándar, padrón ou norma: variedade consagrada historicamente pola sociedade e actualizado polos sectores socioculturais mais elevados dun territorio. Funcións: A lingua estándar contribúe a manter e fortalecer a unidade do idioma, orientando e harmonizando os comportamentos lingüísticos. A normativización lingüística é a fixación consensuada de regras (ortográficas e morfolóxicas) orientadas á construción da lingua estándar.

Reintegracionismo: liderado pola AGAL, asume que galego e portugués son a mesma lingua, e toma como referencia ortográfica o modelo de lingua culta o portugués contemporáneo.

Tipos de variación lingüística: ● ● ●



Variación histórica ou diacrónica: resultado das lentas transformacións que teñen lugar na evolución dos idiomas. Variación xeográfica ou diatópica: son as particularidades territoriais. Os bloques do galego son o occidental, o central e o oriental. Social ou diástrica: particularidades lingüísticas ligadas e determinados grupos sociais e falantes que comparten o mesmo ambiente sociocultural e educacional. Factores: profesión, orixe étnico, idade, sexo,… Situacional ou diafásica: resultado da adecuación do discurso a situacións comunicativas específicas.

Xuria: variedade lingüística propia de certos sectores socioprofesionais e caracterizado pola especificidade do vocabulario de uso e significado, restrinxindo aos seus membros. Calón: tipo especial de xiro asociado aos ambientes xuvenís e / ou marxinais, que en ocasións pode confundirse cun nivel vulgar da lingua.

3.1. Principais particularidades da lingua escrita. 3.1.1. Particularidades gráficas de vogais e consoantes. ● ● ● ● ● ●

b/v; s/x. - n – entre vogais: persoa – personalidade. : termos doutros idiomas. . Grupos consonánticos. Constituíntes unidos e separados: por que/porque; tal vez/talvez.

3.1.2. Maiúsculas e minúsculas. 3.1.3. Acentuación gráfica. ● ● ● ●

Regras xerais de acentuación gráfica. Acentuación de “i” e “u” hiato: muíño. Póla (rama), pola; vén (presente de vir), ven(imperativo de vir). Acentuación diacrítica (mirar exemplos): bóla, bola; cómpre, compre; máis (adv.), mais (conx.); présa, presa. Casos especiais: parásito en castelán, parasito; hélite en castelán, helite; olimpiadas en castelán, olimpíadas.

3.1.4. Signos de puntuación. ● ● ● ●

Punto; vírgula; punto e vírgula. Dous puntos. Puntos Suspensivos. Interrogacións e exclamacións.

3.1.5. Sinais auxiliares da escrita. ● ● ● ● ● ● ●

Diérese: güe, güi; copretérito de indicativo P4 e P5: caïamos, caïades: tres vogais separadas. Apóstrofo: títulos de obras: “Noso Lar” por exemplo. Trazo: - : --- (nos diálogos, monólogos, explicacións, …) ( ) e [ ]. Barras. Aspas. Asterisco.

3.2. Cuestións fonético – fonolóxicas. 3.2.1. Vogais abertas e fechadas. 3.2.2. Realizacións fonéticas da letra . 3.2.3. Pronuncia do . 3.2.4. Fenómenos de Fonética Sintáctica. 3.2.5. Modelos de entonación.

3.3. Cuestións Morfosintácticas. 3.3.1. Nome. 3.3.2. Pronome.



● ●

Colocación do pronome persoal átono (PPA) - Proclítica (antes). - Enclítica (despois) – é a esperada. - Antes e despois do verbo. - Obedece as regras ríxidas na escrita; na oralidade é máis flexíbel. Enclítica: habitual ou non marcada. O PPA nunca abre un enunciado. Proclítica: - Nos enunciados enfáticos: “Mal raio me parta”, “O demo te coma”. - Enunciados declarativos negativos nos que aparecen nada, non, nin e ninguén. - Pronomes indefinidos: alguén, algo, ambos, calquera, me, mo, propio e todo. - Pronomes relativos, interrogativos e exclamativos: que, canto, cando, como, por que,… - Maior parte dos adverbios: case, talvez, sempre, seica, mal, peor, pouco, igual,... - Aquí, aló, alí, alá,… Próclise: constitúen o foco do enunciado: Aí o tes. Énclise: información importante: Telo aí. - Adverbios agora e logo esixen próclise cando significan “axiña” e figuran no inicio do enunciado. Agora/logo o traio. Logo douche as chaves do coche. - Conxuncións e locucións consuntivas (nexos subordinantes): que, se, porque, xa que, … - Conxunción pois. - Cando a conxunción aparece como marcador discursivo. [ E que ] fíxoo pesimamente. Non ten valor sintáctico – pódese eliminar. - Cando a conxunción disxuntiva ten valor exclusivo: Ou o traes ti ou o traio eu.

COLOCACIÓN ENCLÍTICA E PROCLÍTICA: ●



Coas conxuncións subordinadas: - Cando o nexo fica lonxe do pronome. - Na segunda de dous cláusulas coordinadas cando están inseridas nunha subordinada. Nas perífrasis verbais e frases preposicionais con infinitivo: Tesme que axudar. Tes que axudarme. Tes que me axudar.

USOS E VALORES PRONOMINAIS: ● ● ● ●

De solidariedade. Reflexivo. Pronome átono se. De interese.

● ●









Recíproco. Pronomes de solidariedade e de interese (semellanzas): - Non reciben nin participan na acción verbal – función pragmática. - Coinciden coas formas do CI. Che, vos, lle, lles (solidariedade). Me, che, lle, nos, vos, lles (interese). Pronome de solidariedade (che, lle, vos, lles) Úsase no rexistro informal cando o emisor quere captar a atención do destinatario para o facer partícipe da oración. Éra(che) boa. Pronome de interese ou dativo ético (me, che, lle, nos, vos, lles) - Alude á persoa que ten unha especial preocupación na realización ou no resultado da oración. “O neto non nos aprobou” “Este cativo non me come nada” Pronome reflexivo (me, te, se, nos, vos, se) - Indica que unha única entidade é, simultaneamente, suxeito e obxecto da oración. Pentéamonos xa? Pronome recíproco (se, nos, vos) - Ten que haber dous suxeitos e realizan cadansúa acción e cada un deles recibe a oración do outro. Bicámonos sempre que nos vemos.

VALORES DO SE: ● ● ● ● ●

Reflexivo. Recíproco. Impersoal: Dise que estivo no cárcere. Pasivo: Sentíronse tremores por… Valor pronominal: Constipouse o día do concerto.

3.3.2. Pronome. Interpolación: intercalación de un ou varios elementos, sendo un deles tónico, entre un PPA proclítico e o verbo. Ex: Ai, quen che anduriña fora, anduriña doutra banda. PPA [Ti fai o que] che [Iso é o que] se

Elemento tónico intercalado eu desde aquí

3.3.3. Verbo. ●

Verbos semirregulares (sentir, subir)

Verbo Digo fixo



● ●

Infinitivo persoal i/e

u/o

P2

P2

Sobes

P3

P3

Sobe

P6

P6

Soben

Futuro do Subxuntivo. Dixerdes, quixeren, fores, for, formos, etc. Antepretérito do Indicativo vs Pretérito do Subxuntivo.

INFINITIVO PERSOAL. Formas do infinitivo: ●



Infinitivo non persoal ou non flexionado, de natureza invariábel. P1 falar [∅] P2 falares P3 falar [∅] P4 falarmos P5 falardes P6 falaren Infinitivo persoal ou flexionado (con suxeito e desinencias), de natureza variábel.

USO OBRIGATORIO DO INFINITIVO PERSOAL. ● ●





Cando o infinitivo ten un suxeito diferente do principal. Ficamos [nós] sen subvención por [vós] entregardes tarde a solicitude. Non é habitual cando o verbo principal é causativo (mandar, facer, deixar, permitir, etc) ou perceptivo (sentir, ver, ouvir,…) Sentiches bater na porta? En enunciados impersoais, cando o infinitivo vai referido a un axente non indicado no contexto. Cómpre chegares a tempo a reunión. Resulta fundamental terdes certas experiencias na vida. É preciso elaborarmos un informe máis extenso. (Todos eles son enunciados impersoais). Moi habitual cando o infinitivo vai introducido por unha preposición e está antes do verbo principal. No momento de chegardes á casa, avisádeme. Para valorarmos estes datos temos que ter en conta a enquisa.

USO OPTATIVO DO INFINITIVO PERSOAL.







Cando o infinitivo vai precedido dunha preposición e figura despois do verbo principal (tanto se tiver o mesmo suxeito como se for diferente). De sabermos (obrigatorio) que onte estabades aló, teriamovos chamado para nos ver(mos) (optativo). Erguémonos moi cedo e viaxamos durante seis horas para por fin chegar(mos) até aquí. Cando hai un pronome reflexivo ou un c.predicativo xunto do infinitivo. Non vaias ás aulas sen te peitear(es) antes. Están cualificados para manipular(en) alimentos. Cando o infinitivo aparece anteposto co verbo rexente (principal). Convivir(mos) en harmonía non foi tarefa fácil.

USO OBRIGATORIO DO INFINITIVO NON PERSOAL. ●





● ●

Cando o infinitivo forma parte de perífrases ou complexos verbais. Temos que acabar xa. Queremos facer outro. En proverbios (con valor impersoal) Cartos e comer non pode ser. Querer é poder. Cando o infinitivo figura inmediatamente despois do verbo principal e ambos teñen o mesmo suxeito. Son moitas as persoas que tentan fuxir. Trataran de capturar o oso. Nas cláusulas adverbiais finais que dependen dun verbo de movemento. Veu para pedir disculpas. Cando o infinitivo ten valor imperativo e non se refire a ningún suxeito en particular. Non fumar na sala.

FUTURO DE SUBXUNTIVO. Se mañá chover… (presente, futuro o imperativo na segunda cláusula da oración subordinada) futuro de subxuntivo: + Probábel. Se mañá chovese… (condicional ou copretérito) pret. do subxuntivo: - Probábel. O futuro de subxuntivo expresa un acontecemento posíbel do futuro (que pode ocorrer ou non) cuxa realización condiciona outra acción futura. ● ● ●

O verbo principal debe estar en presente, futuro de indicativo ou Imperativo. Se mañá non far mal tempo, daremos (vbo principal) un paseo. Aparece en enunciados con significado condicional. Cando conducires non bebas. Cando estes enunciados teñen valor de habitualidade ou simultaneidade non é posíbel o seu uso. Cando conduzas, non bebas.







Emprégase tamén nos proverbios e nas frases feitas. Estarei convosco até que Deus quixer! Sexa como for, aprobarei en xuño. Nos verbos regulares existe sincretismo (a forma é igual, o valor non) formal entre o infinitivo persoal e o futuro do Subxuntivo. Cantar, cantares, cantar, cantarmos,… : verbos regulares. (formas do infinitivo persoal ou do futuro do subxuntivo). Nos verbos irregulares, o futuro do Subxuntivo presenta un radical coincidente cos dos restantes tempo do pretérito: Querer, quereres – infinitivo persoal Quixer, quixeres – futuro subxuntivo

3.3.4. Complemento directo sen e con preposición “a” ●



● ●

O CD non vai introducido por preposición. Algún día quixen Pepa, agora quero María. Coñeces esta moza? A filla saudou o pai ao saíren da igrexa. A vella perdeu o vello por entre a palla do millo. Porén, sinálanse algunhas excepcións: - Coas formas tónicas dos pronomes persoais: Escoiteino a el desde a cociña. - Cos antropónimos: Vin a Cibrán na autoescola. Cos nomes de parentesco con posesivo sen artigo. Fotografou a seu pai. Cando os complementos preceden ao verbo. A ese mozo vino na Laracha.

3.4. Cuestión léxico – semánticas. 3.4.1. Precisión léxico – semántica. 3.4.2. Calidade....


Similar Free PDFs