Apuntamentos Tema 1 Lingua Galega 1 - Cilha PDF

Title Apuntamentos Tema 1 Lingua Galega 1 - Cilha
Course Lingua Galega 1
Institution Universidade da Coruña
Pages 4
File Size 80.2 KB
File Type PDF
Total Downloads 529
Total Views 616

Summary

Download Apuntamentos Tema 1 Lingua Galega 1 - Cilha PDF


Description

Tema 1. A caracterización da lingua galega. 1. Posición do sistema lingüístico galego – portugués no conxunto dos idiomas románicos. DEFINICIÓN: lingua romance ou neolatina (familia románica) < latín vulgar do noroeste da Península Ibérica. Para as autoridades lingüísticas oficiais, romance autónomo emparentado co portugués (lingua por elaboración). Para o reintegracionismo, variante co – dialectal do sistema lingüístico galego – portugués (lingua por distancia). É unha lingua minorizada con maior uso porcentual dentro do Estado Español. EXTENSIÓN: ●

Galiza.



Comarca Eo – Navia (Oeste de Asturias).



Comarca do Bierzo e A Portela (Castela e León).



Comarca caceñesa do Val do Xálima.

A FALA: fálase en 3 municipios ●

San Martín de Trebello (Mañego).



As Ellas (Lagarteiro).



Valverde do Fresno (Valverdeiro).



Comunidades de emigrantes en Europa (PT, AL, Suíza,…) e de América (Arxentina, Uruguay, México, Cuba, EEUU,…)

ESTATUTO LEGAL: 1. Estatuto de Autonomía (81): ●

Recoñece o galego como a lingua propia de Galiza e co – oficial na comunidade.



Responsabiliza os poderes públicos da normalización do galego en todos os ámbitos.

2. Lei de normalización lingüística (83): ●

A administración local e a autonómica están obrigadas a redactar todos os seus documentos oficiais en galego.



Establécese a presenza do galego en todo o sistema educativo.



Garántese a promoción lingüística nos países con comunidades galegas emigrantes e nas áreas limítrofes con Galiza en que se fale galego.

3. Lei de Normativización Lingüística.

2. Por qué falamos dun sistema lingüístico? , /fonema/, [son] DIASISTEMA LINGÜÍSTICO: conxunto de variedades lingüísticas moi próximas (dialectos) que partillan un bo número de estruturas e que conforman un gran sistema unitario.

NO PLANO FONÉTICO – FONOLÓXICO (VOCALISMO). ●

Ausencia de ditongación de /E, O/ PEDE > pé NOCTES > noite



Abertura de con pertinencia fonolóxica. Pé (parte do corpo) – Pe (letra) Mollo (verbo) – Mollo (substantivo)



Conservación dos ditongos iberorromances [ow,ej] AURU > ouro; FACTU > feito.



Metafonía: cambio na pronuncia dunhas vogais por influxo doutras. LUPU(M) > l[o]bo; LUPO(S) > l[o]bos.



Encerramento das vogais átonas. OCTU > oito; AMICU > amig[o].

NO PLANO FONÉTICO – FONOLÓXICO (CONSONANTISMO). ●

Simplificación sen palatalización das consoantes xeminadas CAVALLU > cabalo: ANNU > ano.



Caída de DOLORE > dor; LANA > la; LUNA > lúa.



Palatalización dos grupos de oclusiva máis líquida en posición inicial e intervogálica ([KL, GL, PL, BL,…]) CLAMARE > chamar; PLUVIA > chuvia.



Mudanza do punto de articulación da líquida nos grupos tardíos (que non se daban no latín normal, senón que se daba no latín que aínda se utiliza) CLAVO > cravo; REGLA > regra; PLAZER > pracer; OBLIGAR > obrigar.



Conservación do [λ] protorromance (xurdido do latín medieval). OCULU > ollo; FICIU > fillo.



Transformación de + en fricativas palatais sonoras (dial) e xordas (estándar). JACERE > jazer > xacer. GELARE > gear > xear.



Palatalización de implosivos (a nivel dialectal). Cadeiras, vista, Lisboa,…



Conservación do fonema fricativo palatal xordo iberorromance. Deixar.



Desaafricación das africadas predosordentais xorda e sonora protorromances. CELU > ceo: DICERE > dizer > dicir.



Palatalización do primeiro elemento do grupo latino NOCTE > noite; PECTU > peito.



Conservación do FILIU > fillo.



Desenvolvemento dun espentético entre ditongo e vogal. AU(D)IRE > ouvir; LU(D)ARE > louvar.

NO PLANO MORFOSINTÁCTICO. ●

Persistencia de complexos pronominais. MO (me + o); Llas (lle + as).



Articulación frecuente do adxectivo posesivo e formas comúns para adxectivos e pronomes posesivos. O meu computador está aí. Ese computador é o meu.



Carácter conservador do pretérito forte. Fixen; Fixo.



Persistencia da énclise tras unha forma verbal. Díxome; Ouviunos.



Existencia do infinitivo persoal. Para tomarmos unha decisión firme teriamos que estar todos presentes.



Mantemento da diferenza de usos do pluscuamperfecto do indicativo e do pretérito do subxuntivo. Cando chegamos el xa comera. Se comese mellor sería máis feliz.



Extensión do verbo ter como auxiliar nas formas perifrásticas (tempos compostos) do pretérito. Xoán tiña caído moitas veces....


Similar Free PDFs