Apuntamentos Tema 2 Lingua Galega 1 - Cilha PDF

Title Apuntamentos Tema 2 Lingua Galega 1 - Cilha
Course Lingua Galega 1
Institution Universidade da Coruña
Pages 5
File Size 101.7 KB
File Type PDF
Total Downloads 120
Total Views 575

Summary

Tema 2 – Aproximación sociolingüística. 2. Diversidade lingüística e plurilingüismo. Multilingüismo vs plurilingüismo Multilingüismo: coñecemento de varias linguas derivado dacoexistencia de diferentes idiomas nunha sociedade. ~ Manifestacións: ● Diversificación das linguas escolares. ● Redución da ...


Description

Tema 2 – Aproximación sociolingüística. 2.1. Diversidade lingüística e plurilingüismo. Multilingüismo vs plurilingüismo Multilingüismo: coñecemento de varias linguas derivado da coexistencia de diferentes idiomas nunha sociedade. ~ Manifestacións: ●

Diversificación das linguas escolares.



Redución da posición do inglés na comunicación internacional.

Plurilingüismo: desenvolvemento dunha competencia comunicativa no individuo, froito dos seus coñecementos e experiencias lingüísticas. Ecolingüismo: ciencia das interacións entre a lingua e o mundo (Alwin Fill). Análise da acción recíproca entre a lingua, os falantes que a usan e a cultura que representa. Implicacións: a mudanza lingüística obedece a forzas culturais e históricas, non a unha evolución meramente natural. (P. Mülhäuster, “Linguistic Ecology”, 1996). Ecoloxía saudábel: diversidade de formas lingüísticas. Ecoloxía non saudábel: occidentalización lingüística e cultural mais perda dos coñecemento codificados nos idiomas locais.

2.2. Conflito lingüístico e diglosia. Definición: situación xerada nunha comunidade en que conviven varios idiomas e que implica: ●

Mudanza nas funcións do uso das linguas (familiar, educativa, política,…)



Preconceptos: dánse argumentos negativos sobre a lingua propia para que perda falantes e apoios.



Alternancia de códigos: a persoa que fala a lingua amenazada trata de aproximarse á nova lingua.



Interferencias.

Segundo isto, non hai convivencia pacífica. Ningunha comunidade é en orixe bilingüe.

Consecuencias: diferenzas de prestixio entre as linguas en conflito > diglosia, autoodio, preconceptos,… Inestabilidade lingüística: substitución ou desaparición da minorizada. Resolucións: a) Substitución da lingua B (autóctona, dominada, desprestixiada) pola lingua A (allea, dominante) > MORTE. b) Normalización da lingua B a través de medidas espontáneas (antisistemáticas, non oficiais) ou planificación lingüística (conxunto de estratexias empregadas de maneira sistemática para alcanzar a normalización lingüística). 2.2.1. Bilingüismo vs Diglosia. Bilingüismo: coñecemento e uso alternado de dúas linguas. Tipoloxía Bilingüismo: -

B. individual (activo ou pasivo).

-

B. social ou diglósico -> diglosia

-

B. territorial ou colingüismo.

Bilingüismo individual (psicolingüística): capacidade ou competencia (a nivel oral he escrito) que un individuo posúe en dous idiomas. Cal é o grao de coñecemento que debe presentar unha persoa para ser considerada bilingüe? Cómo se pode determinar? Existe o bilingüismo harmónico? Tipos de bilingüismo individual: ●

B. Activo: capacidade de comprender e expresarse en dúas linguas. > Independencia de códigos + alternancia + tradución.



B. Pasivo: capacidade de comprender dous idiomas, máis só saber expresarse nun.



B. Social ou diglósico: diglosia (sociolingüística) – situación en que existe un uso e un coñecemento desigual de dous idiomas dentro dunha mesma comunidade.



B. territorial ou colingüismo: situación presente en territorios divididos en zonas cuxas linguas son distintas. √ Fenómeno minoritario.

√ Caso Belga: idiomas oficias (Flamengo ou neerlandês em Flandres/Francés em Valonia) -> polo tanto, hai conflito lingüístico. 2.2.2. Diglosia (Charles Ferguson, 1958) Situación en que dúas linguas son empregadas no mesmo territorio cun valor social diferente: ●

Lingua A: función laboral, institucional, cultural e internacional.



Lingua B: funcións de identidade, local e familiar.

Funcións sociais, matrices ou uso das linguas (J.M. Sánchez Carrión e M. Portas): ●

Distintos modos en que un idioma pode concretar a función comunicativa.



Este concepto rompe coa definición de lingua entendida unicamente como medio de comunicación.

Tipos: ●

De identidade.



Institucional.



Familiar.



Cultural.



Internacional.



Local.



Laboral.

Tipos de Diglosia: ●

Endodiglosia: entre variantes dunha mesma lingua.



Exodiglosia: entre idiomas distintos.

Causas da diglosia: ●

Movementos migratorios.



Procesos de expansión.

Diagnóstico do caso galego. Restrición das funcións sociais – nomeadamente as de prestixio – por presión do español.

Condicionantes no uso das dúas linguas: ●

Ámbito social (formal/informal).



Espazo xeográfico (rural/urbano; interior/costa).



Interlocutor (nivel social, confianza, sexo,…)

Consecuencias: ●

Preconceptos lingüísticos > perda de falantes.



Interferencias > perigo para a integridade do idioma.

2.3. O galego como lingua minorizada. Lingua minoritaria: idioma que, en relación con outro co que convive, conta cun menor número de falantes. Lingua minorizada: en perigo de extinción. Lingua tradicionalmente falada por unha comunidade lingüística no interior dun territorio onde non actúa como principal lingua oficial. Exemplos: ●

Linguas minoritarias que están minorizadas (Lapón en Finlandia ou en Suecia).



Linguas minoritarias normalizadas (islandés en Islandia).



Linguas minorizadas maioritarias (Galego).



Linguas maioritarias nun territorio e minorizadas noutros (o francés en Francia e en Canadá; o español en España e en Porto Rico).

Estatus dunha lingua minorizada: -

Ascenso: procura de protección legal e igualdade coa lingua hexemónica. Niveis: *

Pluralismo lingüístico: recoñecemento de máis dun idioma para unha comunidade.

*

Vernacularización: oficialización e restauración dunha lingua en todas as funcións.

-

Tolerancia: inexistencia de tentativas eficaces de promoción da lingua minorizada.

-

Proscrición: asimilacionismo da lingua minorizada en relación á hexemónica.

2.4. Actitudes e preconceptos a respecto das linguas e do galego. Bibliografía: “55 mentiras sobre a lingua galega” e “os preconceptos lingüísticos”. Preconcepto lingüístico: xuízo de valor emitido sobre unha lingua o sobre os seus falantes. Consecuencias dos preconceptos sobre a lingua galega: *

Desprezo pola diferenza.

*

Reforzamento do español por medio do enfraquecemento do galego.

*

Obstaculización do proceso de normalización....


Similar Free PDFs