Outra idea de galicia pdf PDF

Title Outra idea de galicia pdf
Author iria dominguez
Course Educación e Sociedade en Galicia
Institution Universidade de Santiago de Compostela
Pages 3
File Size 73.3 KB
File Type PDF
Total Downloads 25
Total Views 155

Summary

traballo do libro outra idea de galicia...


Description

Iria Domínguez Riveiro. Clis1 PROBA DE LECTURA. EDUCACIÓN E SOCIEDADE EN GALICIA. OUTRA IDEA DE GALICIA. Outra idea de Galicia. Miguel Anxo Murado. Segunda edición: xuño 2016. Expectativas da obra. Nun primeiro momento e sendo honesta, as miñas expectativas sobre o libro non eran moi altas, de feito eran considerablemente baixas, xa que pensaba que se me ía facer intragábel e ía ser unha lectura bastante densa, como no caso doutros libros que nos mandaran leer en cursos anteriores. Esta miña opinión tornou por completo unha vez iniciada a súa lectura que para nada se correspondía con algo pesado ou interminábel. Cada páxina engaiolábame máis, sumerxíame nas nosas terras galegas, nas súas xentes, mitos, lendas… en definitiva, na súa historia. Estruturación do libro. O libro comeza cun “Prefacio á edición galega” onde M.A. Murado explica que a súa intención inicialmente era conseguir explicarlles Galicia a aquela xente que non era galega e que polo tanto tiña que facelo moi minuciosamente, dando por feito que o lector non tiña ningún coñecemento previo sobre a comunidade. Cabe detacar que para Murado tamén foi unha oportunidade para sistematizar as súas ideas. Nunca pensou que ía chegar a ter tanto éxito e que ademais fose en Galicia onde, inesperadamente para el, máis o tivese. Seguidamente deste Prefacio, o libro componse de once capítulos e remata cunha bibliografía. O primerio capítulo “O rostro do país” introduce como fío conductor a Domingo Fontán, coñecido sobre todo por ser a primeira persoa que fixo toda Galicia a pé e que elaborou un mapa da mesma. Murado sérvese de Fontán para falar sobre a xeografía galega, véxase por exemplo a situación xeográfica de Galicia e as relacións que mantén co atlántico, que afectan de maneira cuantiosa na súa economía. O segundo capítulo “A paisaxe inocente”, fala sobre a paisaxe galega como o seu nome indica. Salientamos acontecementos que a dotaron de verdadeira fama a nivel nacional e ata internacional como a catástrofe do prestige, un feito ocurrido non fai moitos anos; ou mesmo O camiño de Santiago e o seu famoso símbolo para os peregrinos, a vieira. Cabe destacar tamén, a visión que de Galicia teñen a xente foránea, motivada polos escritores españois, moi diferente da xente autóctona. No seguinte capítulo “Terra sen historia”, Murado expresa o seu desagrado co feito de que apenas haxa libros que conteñan a historia de Galicia. Reflexiona sobre isto e esta certo de que non é que Galicia nin os galegos non fixesen nunca nada de proveito, senón que o problema está no de sempre, en que “Galicia non cadra fácil na historia convencional de España”. O cuarto capítulo “Da galegofobia a galegofilia” fala sobre ese cambio que houbo dun tempo para outro con respecto a galicia, é decir, pasouse de admirala por distintos motivos, como por exemplo a cuestión dos restos do Apóstolo Santiago; a criticala e desconfiar de todo o que se tiña dito dela. De feito, nin coa chegada da Ilustración esta situación mudou, os prexuízos e estereotipos eran cada vez máis ata que co paso do tempo van xurdir autores que fagan a súa labor por defendela, véxase a maxestuosa Rosalía de Castro.

Iria Domínguez Riveiro. Clis1 O quinto capítulo “Netos de Breogán, fillos de Rosalía” trata, ao contrario que no anterior, os prexuízos que temos interiorizados os galegos. Recollendo a influencia de Rosalía e Murguía atopámosnos cun pobo melancólico, pesimista e cheo de morriña. O sexto “Nacionalistas”, fala do nacionalismo galego dende a época de Murguía ata a chegada ao poder do BNG, así como de distintas figuras moi importantes na historia deste, véxase entre outros Castelao. O seguinte capítulo “Diáspora”, trata o tema da emigración galega, os tipos que desta houbo ao longo dos anos ou como esta afectou no sentir da xente. Murado reflexiona e afirma que parte de Galicia realmente atópase fóra desta, sendo Bos Aires considerada a 2º cidade galega. O octavo “O mito do atraso” fala sobre o fracaso da industria galega. Non obstante, isto non sempre foi así xa que houbo un tempo no s.XVIII que tivo un gran crecemento no territorio grazas a productos como o liño ou a cerámica. O noveno capítulo “Caciques” fala sobre o caciquismo, un fenómemo político ao que pertencías se te atopabas dentro dunha clase social alta e a través do cal tiñas unha serie de privilexios e poder que outros, como os labregos que conformaban a maioría da poboación, non. O caciquismo intentouse eliminar a principios do s.XX mediante movementos como o agrarismo. O décimo capítulo “Lingua de pobres e de poetas” trata en concreto o tema da lingua galega. Murado fálanos das distintas etapas que a conforman, algunhas de explendor e outras de seria marxinación; así como da súa relación co castelán, lingua coa que non logra conxeniar debido a que exerce certo “acoso” sobre o galego, feito que se acabará por converter nunha cuestión política, aínda vixente hoxe en día. Como derradeiro capítulo atópase “A patria dos defuntos”. Neste fálase sobre o medo que hai pola perda da lingua e cultura galegas a causa da asimilación cultural de españa así como pola globalización. Dáse unha gran importancia a distintos aspectos da cultura galega, coma os defuntos ou mesmo as supersticións; así como a distintas tradicións e festividades galegas. Tres aspectos a comentar. O primero feito polo que me decantei é o que se trata no cuarto capítulo: a visión que teñen de nós o resto de España. Non é que me sorprendera nin moito menos o que teñen escrito sobre Galicia escritores tan importantes e influíntes no seu momento, como Tirso de Molina ou Lope de Vega, xa que me soaba de estudalo que Galicia para eles naquel entonces non era do seu agrado, opinión coa que estou totalmente en desacordo mais o que si me chamou moito a atención é como se referían as mulleres galegas, describíndoas sin ningún tipo de respecto nin vergoña personalidades tan importantes como as anteriores. Éme bastante complicado pensar na situación de acoso e misoxínea na que vivían, neste caso as mulleres galegas pero en verdade todas, naqueles tempos, é como si se triplicase o machismo de hoxe en día. Outro feito é o tema da lingua galega como tal, que Murado trata nun dos últimos capítulos. É un tema que me concirne moito xa que como galega que son, gozo falando a nosa lingua e prodúceme entre certa raiba e tristura que aínda hoxe en día siga habendo certos prexuízos e estereotipos formados e non solo por parte da xente doutras comunidades, senón tamén creados por nos mesmos. Cada vez son menos os nenos e nenas que os pais os educan ou enseñan o galego e isto é un problema bastante serio, xa que quen vai ser senón nos quen garde un futuro para a nosa lingua nai? Non somos conscientes do afortunadas que somos de ter unha historia, cultura, tradicións e lingua únicas; é en vez de facer disto unha suma facemos por que reste…realmente fai falla meditar e cambiar moito a nosa maneira de pensar, superar o “machaque” sufrido durante séculos.

Iria Domínguez Riveiro. Clis1 Por último quero mencionar o tratado no capítulo “Nacionalistas”. Realmente foi un dos capítulos que máis me gustou, descubrir cómo e cando nace o nacionalismo así como as diferentes etapas que pasou, as grandes figuras que o acompañaron como Otero Pedrayo, Risco ou Castelao (a difícil traxectoria e tráxico final deste último) e como o nacionalismo galego chega ao seu apoxéo cen anos despois da súa creación coa chegada ao poder do BNG. Valoración final. Para rematar e como reflexión final, quero mencionar que quedei moi satisfeita ca lectura desta obra e coa cantidade de historia que non coñecía sobre Galicia e que ahora podo decir que sí a coñezo. É un libro que engancha, co que non perdes o fío da trama e co que realmente estás a “viaxar” por tóda Galicia. Definitivamente moi recomendable para todas aquelas personas, sexan galegas ou non, que queiran profundizar ou coñecer máis da historia de Galicia, do galego e de todas aquelas personas que deberían ser, na miña opinión máis coñecidas, que loitaron por defendelo seu a pesar de toda a represión que se sufría para dar lugar a que hoxe en día disfrutemos da nosa lingua, chea de historia e de vida....


Similar Free PDFs