Temas 1 y 2. “¿Que es la filosofía?” por Gilles Deleuze. PDF

Title Temas 1 y 2. “¿Que es la filosofía?” por Gilles Deleuze.
Author Rubén Amarelle Anido
Course Metafisica II
Institution Universidade de Santiago de Compostela
Pages 2
File Size 73.3 KB
File Type PDF
Total Downloads 98
Total Views 124

Summary

Download Temas 1 y 2. “¿Que es la filosofía?” por Gilles Deleuze. PDF


Description

“¿Que es la filosofía?” por Gilles Deleuze. O texto do que aquí vamos a falar trátase da introdución e dos dous primeiros apartados do primeiro capítulo da obra “¿Que es la filosofía” de Gilles Deleuze. Na introdución de esta obra pregúntase pola cuestión acerca de que é a filosofía, sinalándonos antes de nada que esta é unha cuestión das que un se fai tardiamente, no momento no que xa parece que non queda nada polo que preguntar, “cuando llegan la vejez y la hora de hablar concretamente” (pag. 7). Esta é unha pregunta de madurez, de senectude. A esta cuestión respóndese que a filosofía é a arte de formar, de inventar, de fabricar conceptos. Ou mais que isto, “consiste en crear conceptos” (pag.11). Sendo segundo el imprescindible esta tarefa na labor filosófica. Sinalando que ata Platón, quen parecía argumentar o contrario, creou os seus propios conceptos, empezando polo de Idea. O filósofo é o amigo dos conceptos, o amigo da sabedoría, e a súa tarefa é o coñecemento mediante os conceptos contruídos a través da intuición. En base a isto rexeita que a filosofía sexa, como hoxe parece ser, mera contemplación, reflexión ou comunicación, e considera que é un “desastre absoluto” (pág.18) que os filósofos deixen a tarefa de ser “conceptores” (pág.16) ou amigos dos conceptos, aos seus “rivais”, e dicir aos membros das disciplinas da comunicación, como son entre outros os publicistas e os deseñadores. Un sabio pensa a Figura, un filósofo inventa e pensa o concepto. No primeiro apartado do primeiro capítulo desta obra pregúntase pola cuestión acerca de que é un concepto, pregunta de gran interese para nos pois Deleuze definiu anteriormente a filosofía como a arte de crear conceptos, e el ten unha definición propia de que son os conceptos, ou máis ben do que son os conceptos dos que se ocupa a filosofía. Para comezar sinálanos que un concepto é unha multiplicidade que non o abarca todo, que ten “un perímetro irregular, definido por la cifra de sus componentes” (pág. 21), e que ten unha concreción, “remite a un problema, a unos problemas sin los cuales carecería de sentido” (pág. 22). E en relación con isto, todo concepto ten unha historia, é dicir, garda relación con conceptos precedentes ligados a problemas precedentes que se movían no mesmo ou en outro plano. Nun mesmo plano os conceptos pódense relacionar ou incluso encrucillar, aínda partindo de historias diferentes. Como exemplo disto fálanos do concepto de “outro”, o cal constaría de tres compoñentes, os cales serían o do mundo posible, o do rostro existente, e o da linguaxe real ou palabra. A súa vez este concepto como dicíamos tería a súa historia, en este caso remitiría a conceptos anteriores como o do mundo posible e a mónada de Leibniz e a lóxica modeal das proposicións. Debemos sinalar tres cousas acerca dos conceptos, e estás son as seguintes. Primeiro, “cada concepto remita a otros conceptos, no sólo en su historia, sino en su devenir o en sus conexiones actuales”(Pág. 25). Segundo, “lo propio del conceptos consiste en volver los componentes inseparables dentro de el” (Pág.25), é dicir, ser consistentes. E terceiro, “cada concepto será por tanto considerado el punto de coincidencia, de condensación o de acumulación de sus propios componentes” (pág. 25), compoñentes sobre os que sobrevoa o concepto, que o sitúan intesionalmente, mais non o ordenan extensional ou referencialmente. O concepto “expresa el acontecimiento, no la esencial o la cosa” (Pág. 26) e é autoreferencial, “se plantea a si mismo y plantea su objeto al mismo tiempo que es creado” (Pág. 28). Por último, e en relación con isto último, a diferencia do que se soe considerar, o concepto, dende a perspectiva de Deleuze, non é discursivo nin proposicional. Segundo Deleuze a conversación está de mais cando se trata de crear. Un exemplo de concepto sería o cógito cartesiano, no cal nun punto conflúen o dubidar, o pensar e o ser. Estes tres serían os seus compoñentes, os cales ordenarían o cógito cartesiano intesionalmente. Como sabemos dende este concepto a través dos seus compoñentes, os cales serven como pontes móbiles, podemos chegar a outros conceptos, como por exemplo o concepto de Deus. Por outra parte hai concepcións anteriores a do cógito cartesiano, as cales sen ter todos os seus compoñentes e sen situarse dende as mesmas problemáticas ou dende o mesmo plano, si poden ser considerados antecedentes del, ser conceptos que forman parte da súa historia. En relación con isto Deleuze considera que en xeral os conceptos, como poden ser os conceptos cartesianos, so poden ser valorados en función dos problemas aos que dan resposta e do plano polo que pasan. E se un concepto é “mellor” que un anterior é porque permite escoitar variacións novas e resonancias descoñecidas, porque aporta un Acontecimento que nos sobrevoa. Por outra parte, Deleuze coa seguinte cuestión apúntanos claramente cal debe ser a tarefa do filósofos. “¿Y cuál es la mejor manera de seguir a los grandes filósofos, repetir lo que dijeron, o bien hacer lo que hicieron, es decir crear conceptos para unos problemas que necesariamente cambian?” (Pág. 33).

Outros exemplos de conceptos serían, por unha parte o Un platónico, do cal sinala que os seus dous compoñentes son o Ser e o Non-Ser e por outra parte a Idea platónica, da cal sinala que os seus dous compoñentes ou ordenadas intensivas son a Idea que pretende a cualidade, e a Idea participada, que valora as pretensións. Estes dous conceptos platónicos moveríanse a un plano distinto o cartesiano, pois entraría en xogo neles o tempo (entendido como anterioridade), o considerar Platón que o Un e as Ideas son “anteriores”, son “primeiras” e pre-existentes. No plano platónico non podería emerxer o concepto de cógito cartesiano pois en este non hai esa noción pre-existencial dos conceptos. Descartes aínda que fala de “ideas innatas”, considera estas non como “anteriores”, senón “ao mesmo tempo” que a alma. Deleuze busca con estes exemplos “mostrar que un concepto siempre tiene unos componentes que pueden impedir la aparición de otro concepto, o por el contrario que esos mismos componentes solo pueden aparecer a costa del desvanecimiento de otros conceptos” (Pág. 36). Así sucederá co cogito kantiano, para o cal volvemos a cambiar de plano, e Kant volve a introducir nel como compoñente o tempo (como interioridade), mais un tempo distinto do tempo platónico. De esta forma chégase tamén a un novo concepto de tempo, que tamén nos levará a un novo concepto de espazo, chegando a nos “una ráfaga de conceptos nuevos” (Pág. 37). A labor do filósofo ao crear conceptos será “deslindar siempre un acontecimiento de las cosas y de los seres (Pág. 37). A diferencia do que puidese ser un concepto para a ciencia, un concepto no seu verdadeiro sentido, como concepto filosófico, “no se refiere a lo vivido, por compensación sino que consiste, por su propia creación, en establecer un acontecimiento que sobrevuela toda vivencia tanto como cualquier estado de coas” (Pág. 38). O concepto segundo Deleuxe pertence a filosofía e so a filosofía. No segundo apartado do primeiro capítulo desta obra Deleuze vai a reformular a súa definición de que é a filosofía introducindo un novo elemento que xa foi anunciado na introdución e no primeiro apartado de este capítulo. Este elemento é o do plano, o plano de inmanencia, o cal introduce ao dicir que “la filosofía es un constructivismo, y el constructivismo tiene dos aspectos complementarios que diferen en sus características: crear conceptos e establecer un plano” (pág. 39). Mentras que os conceptos son os acontecementos, o plano é o horizonte absoluto de estes acontecementos. O plano de inmanencia tería dúas facetas, por unha parte conferir materia ao ser, e por outro dar imaxe ao pensamento. Deleuze sinala, por outra parte, que o establecemento de esta plano pode ser considerado algo pre-filosófico, pre-conceptual, unha comprensión intuitiva, non conceptual, entendido isto como algo que non existe alén da filosofía, como algo que a filosofía ten que presupoñer. O plano de inmanencia “constituye el suelo absoluto de la filosofía, su Tierra o su desterritorialización, su fundación, sobre los que crea sus conceptos” (Pág. 45). A este plano pre-filosófico liga Deleuze o seu trazado, no medio do caos, a medios como os soños e experiencias esotéricas, de embriaguez ou de excesos. “Efectuando una sección del casos, el plano de inmanencia apela a una creación de conceptos” (Pág. 47). E segundo Deleuze, a diferencia dos sabios ou relixiosos que pretenden instaurar un orden sempre trascendente sobre o caos, os filósofos, que en Grecia puideron ocultar baixo a imaxe de sabios, son aqueles que instauran un plano de inmanencia “como un tamiz tendido sobre el caos” (Pág. 47). En conclusión a tarefa dos filósofos consiste en crear novos conceptos e establecer un plano de inmanencia, que nos permitan problematizar acontecementos e situarnos ante novos problemas, mais que repetir o que dixeron outros filósofos, ou discutir con outros acerca do que antigos filósofos dixeron....


Similar Free PDFs