Composición 6 1ª República Proxecto de Constitución PDF

Title Composición 6 1ª República Proxecto de Constitución
Course Historia de España
Institution Bachillerato (España)
Pages 2
File Size 42.6 KB
File Type PDF
Total Downloads 14
Total Views 152

Summary

Composición sobre la 1º República para selectividad...


Description

Composición 6 A primeira experiencia republicana xurde nun período histórico de grande inestabilidade. A súa orixe está máis vinculada ao propio fracaso da monarquía de Amadeo de Savoia que a propia fortaleza do republicanismo na España do Sexenio democrático. Polo contrario nace feble con apoios parlamentarios e sociais e internacionais limitados. Os sectores políticos monárquicos retraesen á espera de que a 1ª República non sexa capaz de superar os graves obstáculos do período (3ª Guerra Carlista e Guerra de Cuba), pero será as contradicións entre os propios republicanos sobre como construír a República o que provoque o fracaso final da república ante as diferenzas de como resolver o problema cantonalista. A renuncia voluntaria do rei Amadeo de Savoia causada pola súa incapacidade de xestionar a división entre os partidos produciu a proclamación da República na Asemblea Nacional, reunión en conxunto de Senado e Congreso, non prevista na Constitución, o que xera o debate sobre a legalidade da propia proclamación. A república xurde como alternativa ao fracaso da monarquía democrática proxectada na Constitución de 1869. A última alternativa (ver doc.1) Castelar a presenta como producto da necesaria evolución histórica , pero na realidade semella que polo contrario non existe un apoio social suficiente. O primeiro goberno presidido por Figueras, conta co apoio inicial do Partido Radical, pero moi pronto rompen co republicanismo pola súa tendencia cada o federalismo. Os radicais intentar un golpe de Estado que fracasa para botar abaixo a presidencia de Figueras. A saída do goberno dos radicais acentúa a debilidade da república e ademais na estrutura social se atopa a debilidade da pequena burguesía, clases medias e traballadora, propia dunha sociedade rural e atrasada na maior parte do territorio. O proxecto da Constitución Federal de 1873 foi promovida por Pi i Margall e redactada por Castelar, discutida tres días en agosto durante a presidencia de Salmerón. A inestabilidade política, sobre todo o movemento cantonalista que emerxe durante a presidencia de Pi i Margall que provoca a súa caída da presidencia, impide impide a súa discusión en Cortes e queda en simple proxecto. Salmerón reprime entre xullo e setembro o cantonalismo coa axuda de militares como o xeneral Pavía ou Martínez Campos. A súa negativa a firmar dúas condenas a morte de militares que se pasaron ao carlismo obriga a súa dimisión en setembro. Esta constitución (doc 2) proxecta un estado en forma de República Federal, a soberanía popular e Sufraxio universal masculino. Deseño do Estado moi descentralizado, o territorio dividido en 17 Estados (Cuba e Porto Rico incluídos), cada un coa súa constitución, e a súa división de poderes: Goberno propio, parlamento elixido por sufraxio universal e o seu propio poder xudicial. Desaparecen as provincias e favorece a autonomía dos concello dentro dos Estados rexionais. O presidente da república federal representa o poder relacional, o encargado de coordinar as relacións entre os distintos Estados. Hai unha serie de competencias comúns que representa o goberno federal (política exterior, defensa, política arancelaria, ect...). Hai dúas cámaras no parlamento e o congreso ten iniciativa lexislativa exclusiva, pero o senado ten dereito de veto por un año, dous se ao veto súmase o presidente da República ademais de dereitos e deberes similar á Constitución de 1869. O federalismo ten unha ideoloxía republicana maioritaria representada por figuras como Pi i Margall, Figueras ou Salmerón e representa un modelo de Estado descentralizado, que non responde tanto a razóns históricas, como a vocación do federalismo de organizar unha sociedade dende a base, a partir do desexo de cooperación entre a cidadanía. Procura a asociación de entidades estatais rexionais, e a radicalidade democrática no seo dos concellos (ver doc. 3). Implica un profundo radicalismo democrático en canto ao respecto e aplicación dos dereitos humanos (primeiro parágrafo do doc. 3). No cal destaca a estricta separación igrexa-Estado e o fomento dun ensino laico baseado na razón (influencia do krausismo).

Tamén atopamos problemas como a crise provocada polo cantonalismo: a resistencia do Cantón de Cartaxena e o xiro de Castelar cara o republicanismo unitarista e a política de represión do federalismo intransixente. O golpe de Pavía (1874) pon fin á república federal ao perder o voto de confianza que reclamaba Castelar para rematar co cantonalismo. A ditadura republicana do xeneral Serrano remata co pronunciamento do xeneral Martínez Campos que reclama a Restauración dos borbóns na persoa de Alfonso XII. A República remata pola dificultade de poñela en práctica nun período de grande inestabilidade política, conflitos bélicos, e resentimento de grande parte da sociedade ,que espera o fracaso desta....


Similar Free PDFs