07 NNG2 - Resumen sobre a \"Nova Narrativa Galega\" PDF

Title 07 NNG2 - Resumen sobre a \"Nova Narrativa Galega\"
Course Galego II
Institution Bachillerato (España)
Pages 2
File Size 53.4 KB
File Type PDF
Total Downloads 59
Total Views 113

Summary

Resumen sobre a "Nova Narrativa Galega"...


Description

TEMA

7:

A

NOVA

NARRATIVA

GALEGA.

CARACTERÍSTICAS,

AUTORES

E

OBRAS

REPRESENTATIVAS

Chamamos Nova Narrativa galega (NNG) ao conxunto de obras que, editadas entre mediados dos anos 50 e mediados dos 70 (algúns críticos dirán até 1980), pretenden inaugurar un novo xeito de narrar, en contraposición ás fórmulas consideradas caducas (Xeración Nós), realizando unha asimilación consciente de procesos utilizados na narrativa do século XX. Co adxectivo "nova" exprésase o recente, mais tamén o distinto ou orixinal. A denominación Nova Narrativa Galega é altamente imprecisa, posto que baixo ela inclúense unhas ou outras obras segundo o criterio que se siga: renovación temático-formal, cronoloxía, influencias... O Grupo Nós é o único antecedente posíbel deste grupo de mozos universitarios da burguesía media. Separados trinta anos e cunha guerra civil de por medio, os obxectivos son radicalmente diferentes. Coa Nova Narrativa Galega a literatura actual europea e norteamericana entra con toda a forza na nosa literatura. As influencias serán dos grandes escritores do século XX como Joyce, Kafka, Dos Passos, Proust, Huxley, Faulkner e o chamado nouveau roman francés. Alén disto, os autores da NNG teñen experiencias comúns como as viaxes ao estranxeiro (até ese momento prohibidas polo réxime); nos anos 60 prodúcese un despegue económico; a finais dos 50 os movementos estudiantís pon ao réxime en garda; fundación dos partidos políticos nacionalistas clandestinos UPG e PSG... As características técnicas que desenvolve a narrativa europea e norteamericana actual e que están presentes na NNG son as seguintes: Relectura dos fenómenos sociais baixo a clave simbólica. O mundo sensíbel ten o mesmo valor ca o lendario. Créanse mundos opresivos, atafegantes onde aparece o alleamento do individuo (home illado, impotente diante dunha realidade estraña e absurda) coa forma de dominante-opresor, mais tamén o da loita pola liberdade individual e colectiva. É unha perspectiva pesimista (ou realista) da realidade. Este mundo atormentado é influencia de Kafka. Aparición da prosa urbana. O problema vai ser facer falar en galego determinados personaxes ou unha clase social determinada. Os lugares son nomeados de xeito impreciso cunha inicial, inventados ou aludidos O protagonista convértese con freciuencia en narrador da historia coma se fose un "ollo cinematográfico" (obxectivación), influencia do nouveau roman francés, o que nos leva ao distanciamento do narrador, a frialdade narrativa, fóra de todo subxectivismo. Ë un protagonista sen pasado, sen rostro, sen nome (só cunha inicial)

Aparición por primeira vez na literatura galega do sexo e da violencia máis descarnada con resultado de morte. Enorme importancia da psicanálise, do mundo complexo do subconsciente. A simboloxía de Freud vai aparecer na NNG xunto co absurdo e a anguria, creando unha problemática social e política. Técnicas narrativas modernas como o monólogo interior, a pluralidade de voces narrativas, o "ollo cinematográfico", superposición de planos narrativos e intrigas... O autor que comeza coa NNG é Gonzalo R. Mourullo con Nasce unha árbore(1954), título que denota xa a novidade, e Memorias de Tains (1956), obras que se caracterizan pola superposición de planos narrativos e a introspección do subconsciente. Xosé Luís Méndez Ferrín é o autor máis importante deste grupo. Publica até cinco obras para a NNG: Percival e outras historias (1958), O crepúsculo e as formigas (1961), Arrabaldo do norte (1964), Retorno a Tagen Ata (1971) e Elipsis e outras sombras (1974). Este autor mestura elementos oníricos con outros procedentes da realidade e amosa espazos pechados e obsesivos con resonancias kafkianas. Pola súa parte, Carlos Casares publicou Vento ferido (1967) e Cambio en tres (1969), a medio camiño entre a narración clásica e os procedementos modernos (monólogo interior, narrador protagonista), sen abandonar nunca o realismo. Finalmente, Camilo Gonsar publicou Lonxe de nós e dentro (1961) e Como calquera outro día (1962) coas técnicas da NNG como a ruptura da secuencia temporal. Alén destes títulos tamén hai que salientar outro deste autor: Cara a Times Square (1980). Esta obra está claramente fóra dos límites cronolóxicos da NNG, mais para algúns críticos é a obra que pecha o ciclo, pois amosa moitas das súas características: discurso ambiguo, realismo obxectalista, diálogos aparentemente triviais que alternan con descricións da realidade inmediata, personaxes que non paran de moverse co que o autor simboliza a inadaptación ao medio... Outros autores que tamén pertencen á NNG son Xohana Torres con Adiós, María (1965), María Xosé Queizán con A orella no buraco (1965), Xohán Casal con O camiño de abaixo(1970) Coa aparición da NNG a literatura galega supera en prosa os complexos seculares e este grupo de mozos universitarios consegue crear un grupo de obras modernas e interesantes en plena ditadura franquista. O esforzo foi tremendo e o resultado sorprendente. A partir deste momento a prosa galega entra na modernidade con maiúsculas....


Similar Free PDFs