13. Cambios semánticos e préstamos PDF

Title 13. Cambios semánticos e préstamos
Author Joonnie Park
Course Lingua e Cultura Clásica
Institution Universidade da Coruña
Pages 6
File Size 170 KB
File Type PDF
Total Downloads 15
Total Views 137

Summary

13. Cambios semánticos e préstamos...


Description

Sesión 7 de marzo de 2018

O léxico latino: cambios semánticos e préstamos 1. Cambio semántico por especialización de uso Dase sobre todo no tránsito entre o latín clásico e o latín tardío, ou ben nos rexistros máis coloquiais da fala) fortuna: "sorte boa ou mala", "azar" > "boa sorte" leuare: "levantar" > "roubar" (xerga) necare: "matar" > "afogar" manere: "permanecer" > "pasar a noite", "habitar" (cf. mesón, maison < mansio) materia: "materia" > “madeira” pullus: "cría" > "galo", "polo" tempestas: "tempo" "época" > "mal tempo", "tempestade" hostis: "enemigo público" > "exército" 2. Cambio semántico por xeneralización / abstracción de uso Dase sobre todo no tránsito entre o latín arcaico e o clásico. Hai que ter en conta que o latín foi en principio unha lingua de labregos, que contaba cun léxico rico para designar realidades concretas nos campos semánticos da vida cotiá e o mundo rural, pero carecía de léxico para a actividade cultural, a filosofía, o pensamento abstracto en xeral. Por esta razón, moitos termos de uso concreto pasaron a usarse con significación máis xeral e abstracta delirare: “sair do rego” > “delirar, tolear” uersus: "rego" > "liña de escritura" "verso" calamitas: "trebón que arruina o trigo" > "calamidade" putare: "podar" > "estimar", "evaluar", "pensar" ratio: "cálculo", "contas" > "razón" cernere: "cribar" "peneirar" > "distinguir". Laxare: "afrouxar "relaxar" > "deixar" (se) applicare: "chegar a porto", "arrimarse" > "chegar" sedere: "estar sentado" > "estar", "quedarse", "ser" passer: "pardal" > "paxaro pequeño" riualis: "o que comparte un canal para regar" > “rival” carmen: "fórmula relixiosa ou xurídica para recitar" > “poesía” 3. Transferencia de sentido (metáforas poéticas e populares) Na lingua conversacional e na poética son abondantes as traslacións de sentido de carácter metafórico lumina: "luces" > "ollos brillantes" (na linguaxe da poesía amorosa) testa: "cacharro" > "cabeza" spatula: "espada pequena", "espátula" > "hombro" (cf. fr. épaule, cast. espalda)

4. Préstamos de outras linguas É preciso distinguir entre o préstamo lexicolóxico, é dicir, a apropiación dunha palabra doutra lingua (con ou sen axustes fonéticos e morfolóxicos), o préstamo semántico (reutilización dunha palabra do fondo latino co sentido propio do seu equivalente nunha lingua estranxeira) e o neoloxismo formado por derivación ou composición a imitación dunha palabra estranxeira. 4.1. Préstamos lexicolóxicos De orixe osco-umbra bos-bouis (boi) lupus-lupi (lobo) scrofa-ae (porca) mons-montis (montaña) collis-collis (lomba). A estes cómpre engadir as formas dialectais con -f- interior: bufalus (var. bubalus), sifilare (var. sibilare: asubiar, chiar)

De orixe etrusca histrio (actor de teatro, paiaso), persona (máscara), satelles (escolta, soldado), seruus (escravo) De orixe céltica carrus (carro de catro rodas), carpentum (carro), braca (pantalón), sagum (manto, saia), camisia (camisa), lecua (legua), caballus (cabalo de traballo) De orixe grega Antigos: lingua cotiá e da navegación: aer, balneum, bracchium, camera, corona, gubernare, machina, oleum, poena, punire. Medios: lingua da cultura, o pensamento, a filosofía. Adaptacións de termos gregos: architectus, bibliotheca, historia, philosophia, poema, poeta, scena, schola, theatrum, cathedra. (en xeral: as palabras que conteñen os dígrafos ph, ch, th son préstamos do grego) Tardíos: palabras dos campos semánticos das ciencias e técnicas (mediciña, botánica, veterinaria, astronomía, gramática, etc.) e tamén da esfera relixiosa: gamba (< kampé),

diaconus, presbyterus, ecclesia, monachus, hymnus, euangelium, episcopus, parabola (> parole, parola) De orixe xermánica burgus (cidade fortificada), suppa (sopa de pan) 4.2. Préstamos semánticos Ars ("procedemento") > por influencia do grego téchne > técnica, arte, manual Sapiens ("que ten gusto") > por influencia do grego sóphos > sabio (desde o punto de vista intelectual)

4.3. Calcos: medietas < mesótes (medius = gr. mésos): metade qualitas < poiótes (qualis = gr. póios): cualidade ficatum < sykotón (ficus = gr. sykós: figo): fígado ab oculis < ap' ommáton (oculus = gr. omma: ollo) sen ollos, cego; cfr. fr. aveugle essentia < ousía (esse = eínai: ser) substantia < hypostasis (sub-sto = hypo-histemi)

EXEMPLO DE ANÁLISIS LÉXICO-SEMÁNTICO Fides-fidei (5ª declinación) Raíz indoeuropea: *bheidh: “atar”, “ligar”, cfr. fiscus “cesto de vimbio trenzado, para os cartos”; termos emparentados nas linguas indoeuropeas: peithô, peithesthai, pístis (grego); bitten (alemán); foedus (lat.) A distinguir de fidēs-fidium: lira a) Significación e usos abstractos 1. confianza (ter ou inspirar confianza: habere / facere fidem): campo semántico das sensacións 2. crencia (fides his miraculis), fe relixiosa, en concreto, a cristiá: campo semántico das operacións intelectuais / cognitivas 3. lealdade, rectitude moral, creto, etc (por inspirar confianza); campo semántico das cualidades éticas, exemplo: fides, id est, dictorum conventorumque constantia et veritas (lealdade e franqueza nas palabras e nos acordos). 4. Especificacións por adxetivación: bona fides / mala fides (de xeito sincero, auténtico / de xeito insincero, falso) 5. Especificacións segundo contexto: verdade, autenticidade, sinceridade, autoridade, realidade (so na lingua poética, vs. votum) 6. Antónimos: fraus, fraudatio, perfidia. concretos 1 promesa xurada, palabra dada, garantía 2 protección, patronazgo, apoio, amparo, asistencia: in fide alicuius esse; in fidem alicuius venire 3 Fides: A Boa Fe (teónimo) b) Derivados por sufixación fîdo-fidis-fidere-fisus sum: confiar fiducia-ae > fiduciarius-a-um; fiducio-are; fiducialiter fidus-a-um> fidustus-a-um; Fidustus (antropónimo): Fidius (teónimo) fidens-fidentis > fidenter, fidentia-ae fîdamen-inis: “fe”, “crencia” fìdē (adv.) fidēlis-fidēle > fidelitas; fideliter; fidēlia (vasixa grande para líquidos ¿pola súa solidez?)

c) compostos fidedictor; *fidedignus: “garante” fideicommissarius; fideicommissum; fideicommitto: “fideicomiso, herdeiro, tutor” fideipromissor: “garante” fideiubeo; fideiussio; fideiussor; fideiussorius fidepromissor, fidepromitto

d) prefixados confido, confidelis, confidentiloquus

confidens,

confidenter,

confidentia,

confideiussor,

diffido, diffidens, diffidentia, diffidenter infidelis, infidelitas, infideliter; infidus, infidigraphus perfidus, perfidia, perfide, perfidelis, perfidiosus, perfidens, perfidiose...


Similar Free PDFs